luns, 29 de agosto de 2011

Son necesarias as protestas e presión cidadán contra o decreto de Xestión Integrada. (área única)

Por abc

Considero necesarias, as mobilizacións da poboación desta comarca, O Bolo e Trives, contra el decreto de Xestión Integrada que anula as áreas sanitarias actuais para crear unha única na capital. Como as 4.500 persoas, inda que xa cansas de ano si e outro tamén, en xuño do 2010 manifestábanse pedindo manter a área sanitaria. Non queda outra que saír a rúa, o decreto creará tanta dependencia de Ourense que Valdeorras e Verín dependerán do cá capital decida, e seus habitantes converteranse sanitariamente en "cidadáns de segunda"



Pouco despois de vencer nas eleccións locais e autonómicas, véndose xa ganadores nas xerais, o presidente Feijoo e a conselleira de sanidade Pilar Farjas, non agardaron o remate das vacacións e veñen de quitar barreiras e favorecer e estimular o sector privado con concesións, unha vez máis fomos enganados coma parvos, as agochadas, sen consultar cos traballadores, correndo e sen discusión, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG do 05/08/2011) do decreto polo que deixan en suspenso a área sanitaria, establecese a Xerencia Integrada de Ourense-Verín-Valdeorras, o Partido Popular quita a máscara e, unha vez máis coa mentira, xa que a conselleira comprometerase no seu momento manter a área, cambia a política sanitaria, e víronse cumpridas as sospeitas e as advertencias feitas neste sentido con antelación polas forzas vivas en Valdeorras.

Se ata o de agora existían tres centros de referencia na provincia de Ourense: o Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), o Hospital de Verín (practicamente integrado en Ourense), e o Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), este mantíñase como area independente. Como será o futuro da sanidade pública ourensán coa decisión adoptada pola Consellería de Sanidade sobre as áreas sanitarias da provincia?

Segundo advertiran recentemente os sindicatos e a oposición socialista e nacionalista, a intención da Consellería de Sanidade era crear unha única área na provincia. E neste sentido, PP e algúns facultativos advertiron de que “todo parece indicar que así será porque, entre otras cosas, la Xunta, asegura que no se suprimirán servicios sino que se reordenarán para ganar en ‘eficacia’” (?).

Con este decreto de Xerencia Única dispónse para as areas sanitarias que ata o de agora había na provincia ourensán, a de O Barco pasa a integrarse nunha única estrutura directiva chamada Xerencia Executiva. Esta xerencia asumirá a xestión da atención especializada, primaria e sociosanitaria do que ata o de agora era área de O Barco, pero toda a estrutura  vai depender, de igual xeito que a de Verín, dunha Xerencia Integrada de Ourense, co cal, a partir da entrada en vigor deste decreto, todas as necesidades, tanto económicas como materiais e de recursos humanos ou xestión, pasan a depender totalmente do que se decida na Dirección de Ourense, o meu entender, a verdadeira clave desta reforma feita pola Xunta de Galicia é centralizar a xestión da sanidade pública ourensán e deste xeito estrangular o sistema de saúde a través da redución de recursos económicos, técnicos e humanos para encamiñarnos cara un modelo orientado ao negocio e a súa privatización paulatina: hospitais públicos de xestión privada.

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, que segue sen definir a política sanitaria, afonda no recorte de recursos en detrimento da eficacia, mentres drena as listas de espera desviando pacientes a sanatorios privados, deixando os cidadáns cun servizo sanitario de menor calidade asistencial, pon claramente en risco o estado de benestar o tempo que deixa en evidencia á comarca de Valdeorras, único motor económico da provincia, onde a evolución demográfica ten acentuado a concentración de poboación, existindo unha desigualdade crecente na distribución provincial, a supresión da área sanitaria de Valdeorras é un paso atrás, a necesidade dunha área independente ven determinada polas características de illamento da comarca, xa que o sobrecargado hospital de referencia está a máis de 100 km (1h 30’) de distancia. O decreto é a autorización para no seguinte paso desmantelar os servizos de laboratorio e raios, co cal o HCV quedara reducido a centro de especialidades con xeriátrico. A consecuencia é un maior gasto e aumento nas listas en certas especialidades.

No sistema público os custes son secundarios pois o prioritario é recuperar a saúde do cidadán. No privado, os custes son máis importantes, porque reducilos significa incrementar os beneficios. Cal é a nosa?
Manifestación en O Barco ano 1977

En consecuencia:

O que tódalas áreas sanitarias se estean sumando masivamente o rexeite da privatización debería obrigar á administración a reaccionar abandonando a estratexia de derribo do sistema sanitario público que os usuarios, independentemente do seu color político, non están dispostos a aceptar, e menos en tempo de crises cando se incrementan as necesidades de asistencia sanitaria. 

Rexeite e preocupación dos usuarios de Valdeorras coa política de privatización do sistema sanitario que se expresa de diferentes formas: redución do presuposto sanitario, desvío de pacientes a centros  privados, parálises da actividade nos hospitais públicos, por primeira vez pecháronse camas no verán no HCV, desapareceu asistencia domiciliaria de paliativos. Proxectos de supresión dos servizos de radioloxía urxente e laboratorio, supresión das ambulancias do 061 en varios puntos de Galiza… Financiamento e explotación privada dos novos hospitais e centros de saúde.

Nunha reunión da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Valdeorras: na que todo o mundo tiña claro que a actuación da Xunta  merecía unha resposta clara e contundente, anunciase o inicio dunha campaña informativa en tódolos concellos dependentes da área sanitaria de Valdeorras, que son as comarcas de O Bolo, Trives e a propia Valdeorras. Esta campaña informativa dará paso a unha traca de medias de presión, sen descartar a convocatoria de mobilizacións, elaboraron un calendario e teñen previsto volver a reunirse proximamente para analizar cada situación e planificar novas mobilizacións ata conseguir salvar o sistema sanitario público Valdeorres de seus depredadores. Por todo isto, porque é fundamental manter e reforzar os servizos públicos básicos, e evitar que os máis desfavorecidos e os que menos responsabilidade teñen sobre a crise sexan os que a acaben pagando,apoiemos as convocatorias e fagamos un chamamento á poboación e aos profesionais da saúde para que a secunden masivamente.


PRIMEIRAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA
Serán dúas concentracións diante do Hospital no Barco:
- Mércores, 31 de agosto, ás 20:00 h.
- Mércores, 07 de setembro, ás 20:00 h.



Ver o decreto publicado no DOG nesta ligazón:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110805/AnuncioC3K1-020811-5070_gl.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario