Páxinas

luns, 25 de novembro de 2013

Non ser cómplice!!


Fai uns corenta anos as mulleres casadas non podían firmar contratos nin abrir contas bancarias sen permiso do marido…

Hoxe 25N: A redución dun 28% do presuposto destinado á prevención e loita contra da violencia de xénero, un libro 'Cásate y sé sumisa' publicado polo Arcebispo de Granada, un ministro galeado por un xefe eclesiástico que pretende decidir cando e cómo da maternidade, son datos descritivos das prioridades á resposta ante a lacra que en 10 anos acabou coa vida de 703 mulleres e onde 16.418 atópanse en situación de risco baixo, medio, alto ou extremo, das que 118 son menores entre 14 e 17 anos…

...se isto non é violencia de xénero que baixe deus e o vexa!!

E se por riba da involución 'estructural' planificada retratan os avances con vellos esquemas de orden social... que podemos esperar?

De tódolos xeitos hai saída: Non ser cómplice!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario